Saborea

a nosa cociña

Cada comanda é atendida cunha premisa fundamental: preservar sempre a pureza do sabor orixinal dos produtos.
O noso obxectivo fundamental é que os comensais gocen coa exquisita preparación duns pratos que, ante todo, poñan de relevo a calidade indiscutíbel da súa orixe: as nosas praias, o noso mar, a nosa terra.
En Casa Vella, ademais de gozar dun bo prato, desexamos ofrecer unha boa experiencia na que o trato, a vista, a atmosfera e até os sons se acollan ó gusto. Poñemos todo o noso empeño en coidar o máis mínimo detalle na elaboración dos nosos pratos. Ós produtos de rigurosa calidade únense os mellores condimentos, aceites de un só uso, froitas e verduras de tempada e unha ampla carta de viños galegos.

Unha cociña sinxela, fresca, con sabor a mar.