Sinte

a nosa esencia

Casa Vella é un restaurante familiar fundado por Cándido e Trinidad en 1989. Tras unha serie de xiras por toda Europa coa orquestra os Magos de España, Cándido deixa de lado a música e, a carón da súa dona Trini, ofrece ós seus clientes o mellor da cociña galega mercé a unhas receitas tradicionais elaboradas con produtos autóctonos de primeira calidade.

A súa filla María e o seu xenro José Antonio tomaría o relevo para, despois de varios anos de aprendizaxe á súa beira, aportar innovación e personalidade a uns pratos que conservan a súa esencia tradicional intacta. O bo facer da familia e dun consolidado equipo de profesionais segue a demostrarse cada día con pequenos detalles que fan entusiasmar a unha clientela máis e máis sólida.