Goza

da terra

Na nosa arela por proporcionar ós nosos clientes esa experiencia que vaia un chanzo máis aló do padal, o noso local é un curruncho de tranquilidade e benestar no medio do atafego do populoso mercado d’ A Pedra e a súa especialmente pintoresca rúa das ostras.

Casa Vella conta cunha capacidade para 35 comensais e máis terraza cuberta para 40 persoas, ademais de acceso para discapacitados e os requisitos sanitarios e hixiénicos en toda a instalación. Hai, tamén, aparcadoiro a 300 metros.